A obra "criaturas" que representou o pasado domingo os alumnos da "Escola de teatro da Estrada" é unha recopilación de textos sobre a relación de pais e fillos. Como os fillos ven ós pais e como os pais ven os fillos. Está escrita por varios autores. Entre eles: Paco Mir ou Jordi Mollá...
En este caso está dirixida pola actriz Anabel Gago.
Pasamos con eles un moi bo rato, divertido, ameno... e máis preto da realidade do que pensamos.
Esperamos atopartnos pronto de novo.
Grazas pola visita e lumeeee...!!
lunes, 11 de mayo de 2009
ides ver o que "un nicho amoblado"...
No cuarto día de certame, visitounos o grupo "nós e vós teatro" de San Vicente do Grove coa obra "un nicho amoblado". Achegáronos un divertido, e tráxico por veces, espectáculo que xira entorno a morte e a normalización dese feito.
Un gran texto e unha boa interpretación. Podemos dicir que nos reimos da morte.
Grazas por visitarnos e ata pronto.
Etiquetas:
nós e vós teatro,
o grove,
un nicho amoblado
sábado, 9 de mayo de 2009
onte visitounos "andaravía teatro"
Onte, na terceira xornada do I Certame de Teatro Afeccionado, visitounos dende Vedra o grupo "Andaravía Teatro"
Puxeron en escea un interesante e brillante espectáculo titulado "anacos de nós" de creación propia e colectiva. Trátase dunha recopilación de vivencias propias, (de cada un dos actores), dirixido por Xan Curiel.
Enhoraboa a "andaravía teatro" polo traballo.
... a perda de un "ser" taaaan querido...
Si puidera colgaría as case 30 fotos que onte lles sacamos. Esta e só unha moi pequena mostra. Totalmente recomendable.
Etiquetas:
anacos de nós,
andaravía teatro,
vedra
jueves, 7 de mayo de 2009
máis teatro...!!!!
Esta fin de semana continuamos con máis teatro no I certame de teatro afeccionado da Asoc. Xuvenil e Cultural Escola Artística de Cuntis.
venres 8 ás 21.30hrs.: "Andaravía Teatro" de Vedra, coa obra de creación propia "Anacos de Nós"
sábado 9 ás 21:30hrs.: "Nós e Vos Teatro" de San Vicente do Grove, coa obra de Jesús Campos "Un nicho amoblado"
domingo 10 ás 20hrs.: o grupo de adultos da "Escola Municipal de Teatro" de A Estrada coa obra "Criaturas" de varios autors: Paco Mir, Sergi Belbell, Jordi Mollá...
Esperámosvos polo "Centro Xuvenil X.R.Patelas". A entrada e libre e ademáis o público participará como xurado, xa que poderedes votar e elexir a obra gañadora de este certamen.
miércoles, 6 de mayo de 2009
e na segunda xornada...
O gran Pedro Brandariz!!!!
Que bo rato nos fixo pasar co seu monólogo "PGU". Actuou fora de concurso que senón... xa tiñamos gañador. Visitade o seu blog para saber onde o podedes atopar.
Gracias Pedro por visitarnos e polas risas.
Gracias Pedro por visitarnos e polas risas.
I xornada do certame:
Na primeira xornada do certame de teatro afeccionado visitounos a "Aula de teatro da Asociación Cotomanguelo de Orazo" (A Estrada). Representaron tres obras de pequeno formato na cal participaron alumnos de distintas idades.
Dámoslles as grazas por visitarnos e desexámoslles o millor.
E por suposto sin esquencernos do gran traballo que fan dende a asociación. En breve porán en marcha o "VI Manguelo folk". Visitade a sua web.
Dámoslles as grazas por visitarnos e desexámoslles o millor.
E por suposto sin esquencernos do gran traballo que fan dende a asociación. En breve porán en marcha o "VI Manguelo folk". Visitade a sua web.
Etiquetas:
cotomanguelo,
orazo,
teatro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)