jueves, 28 de mayo de 2009

entrega de premios do Certame de Teatro

Este foi o final do "I Certame de teatro non profesional" que organiza a "Escola Artística de Cuntis".



e estes os protagonistas:
1º premio: 500€ para "Andaravía Teatro" con "anacos de nós"
2º premio: 300€ para "Escola de Teatro da Estrada" con "criaturas".
3º premio: 200€ para "Nós e Vós Teatro" con "un nicho amoblado".

e diploma e agasallo para "Aula de teatro" de Orazo, "Tarabelo Teatro" de Sanxenxo e para o "Obradoiro de Teatro" de Bertamiráns.

A todos:

moitísimas grazas!!!!



...un momento da entrega dos premios. Fran Rei (director teatral da escola artística e os amigosde Orazo)


e aquí está o público. O gran protagonista.

E por suposto, moitísimas gracias a Pedro Brandariz pola súa colaboración.

lunes, 25 de mayo de 2009

e chegou o amor: "romeo e xulieta"


Que bo rato nos fixeron pasar os alumnos do "Grupo xuvenil de teatro" da "Escola Artística de Cuntis" con "Romeo e Xulieta".
O amor, o drama e humor foron os ingredintes de esta obra universal de W. Shakespeare, adaptada para a ocasión e dirixida por Fran Rei.

aquí están os montescos e capuletos... e w. shakespeare







xulieta nun momento crítico




... e shakespeare xunto cos dous protagonistas...


... e o seu tráxico final... ¿?


viernes, 22 de mayo de 2009

clausura do I Certamen de Teatro Afeccionado

Pois estamos apuntiño de rematar este I certame de teatro afeccionado que organiza a Asoc. Cultural e Xuvenil Escola Artística de Cuntis.

Será o vindeiro domingo 24 de maio no Centro Xuvenil X. R. Patelas:

19hrs: estrea da obra "Rome e Xulieta" a cargo do grupo infantil de teatro da Escola Artística.

20hrs: daranse a coñecer os gañadores e farase entrega do premios do I Certame de Teatro Afeccionado.

Por suposto, queremos contar cos compoñentes dos distintos grupos que pasaron por Cuntis este mes de maio e tamén, claro está, co publico que acudeu a cada función e participou co seu voto.

Alí nos vemos.

miércoles, 20 de mayo de 2009

... e o grupo de Cuntis... menuda FARSA!!...

e o domingo 17 foi o noso turno.

Representamos "farsa plautina" de Agustín Magán e dirixida e adaptada por Fran Rei
.
"moitisísimas grazas a todos por asistir, polo aplauso e as risas, e sobre todo polo cariño"







estes somos nós...


... hai os cartos... arránxano todo!!




... pa verse matao...



...menudo brabucon...




... que chichiritada é o amor...




... que juapos ivan os "mozos"...

... e so sábado, fómonos de picnic...

Pois si amiguiños. O sábado fómonos de "Picnic" con "Tarabelo Teatro" de Sanxenxo. E que boa pinta tiña a tortilla!!


a familia enteira: o soldado, os pais, a moza, o prisionero, os da cruz vermella...



e así foi. Chegaron a trincheira para merendar co seu fillo...



... fixeron un prisionero e...





...qeu vos foron. convidarono a merendar. que boa pinta tiña a tortilla!!

o venres 15 viñeron a ocupar a praza a xente de Bertamiráns.

Concretamente a visita foi da "Aula de teatro de Bertamiráns" coa obra "Praza ocupada". Esta foi a sexta xornada do certamen.





Estes foron os protagonistas esa noite, a quen lles agradecemos moito a visita.


e como estaba a praza...



ata veu a tele... ou a radio...


eu non estaba. que lle pasaría a ese mozo?

jueves, 14 de mayo de 2009

esta fin de semana... MAIS TEATRO!!!!

Mañá venres comeza a terceira fin de semana do I certame de teatro afeccionado da Asoc. Cultural e Xuvenil Escola Artística de Cuntis.
Serán dous grupos máis os que actuen no noso certame obtando a premio ademáis do grupo de teatro da Asoc. que actuamos o domingo fora de concurso. Estes son os nomes e horarios.

Venres 15 maio ás 21:30: "Obradoiro de Teatro de Bertamiráns" con "Praza ocupada" de Nazareth López.

Sábado 16 maio ás 21:30: "Tarabelo Teatro" de Sanxenxo con "Picnic" de Fernando Arrabal.

Domingo 17 maio ás 20hrs e fora de concurso: "Chumpá Teatro" de Cuntis con "Farsa Plautina" de Agustín Magán e dirixida por Fran Rei.

Esperamosvos no Centro Xuvenil X.R.Patelas... e recordade que o público conta... e vota!!!!

lunes, 11 de mayo de 2009

haiiii... CRIATURAS...

A obra "criaturas" que representou o pasado domingo os alumnos da "Escola de teatro da Estrada" é unha recopilación de textos sobre a relación de pais e fillos. Como os fillos ven ós pais e como os pais ven os fillos. Está escrita por varios autores. Entre eles: Paco Mir ou Jordi Mollá...
En este caso está dirixida pola actriz Anabel Gago.
Pasamos con eles un moi bo rato, divertido, ameno... e máis preto da realidade do que pensamos.

Esperamos atopartnos pronto de novo.

Grazas pola visita e lumeeee...!!



... estes son parte dos alumnos da escola de teatro da Estrada...


adiviña, adiviña...!! que é? que é?


pobriños os pais!! e que a nena dixo pe... pe... pene!!!


... os pais, (homes), que tipos!! son eles peores que os nenos!!!


... e ó final case se matan carallo!!!! e que a elas tamén lle chaja...

ides ver o que "un nicho amoblado"...

... aquí está toda a familia saudando logo do bo rato que nos fixeron pasar...


No cuarto día de certame, visitounos o grupo "nós e vós teatro" de San Vicente do Grove coa obra "un nicho amoblado". Achegáronos un divertido, e tráxico por veces, espectáculo que xira entorno a morte e a normalización dese feito.
Un gran texto e unha boa interpretación. Podemos dicir que nos reimos da morte.

Grazas por visitarnos e ata pronto.


... xa cho dijo eu!! vaia xeito de comezar...


este foi un dos grandes momentos: "que? raiouse o disco eh!!"


casaron pero, a difunta non che parecía moi contenta...

sábado, 9 de mayo de 2009

onte visitounos "andaravía teatro"

... aquí estan @s protagonistas...

Onte, na terceira xornada do I Certame de Teatro Afeccionado, visitounos dende Vedra o grupo "Andaravía Teatro"

Puxeron en escea un interesante e brillante espectáculo titulado "anacos de nós" de creación propia e colectiva. Trátase dunha recopilación de vivencias propias, (de cada un dos actores), dirixido por Xan Curiel.


Enhoraboa a "andaravía teatro" polo traballo.




... e todo comezou con Mary Popins...





... a falta de entendemento e comunicación co pai...





... a perda de un "ser" taaaan querido...



Si puidera colgaría as case 30 fotos que onte lles sacamos. Esta e só unha moi pequena mostra. Totalmente recomendable.

jueves, 7 de mayo de 2009

máis teatro...!!!!

Esta fin de semana continuamos con máis teatro no I certame de teatro afeccionado da Asoc. Xuvenil e Cultural Escola Artística de Cuntis.

venres 8 ás 21.30hrs.: "Andaravía Teatro" de Vedra, coa obra de creación propia "Anacos de Nós"

sábado 9 ás 21:30hrs.: "Nós e Vos Teatro" de San Vicente do Grove, coa obra de Jesús Campos "Un nicho amoblado"

domingo 10 ás 20hrs.: o grupo de adultos da "Escola Municipal de Teatro" de A Estrada coa obra "Criaturas" de varios autors: Paco Mir, Sergi Belbell, Jordi Mollá...


Esperámosvos polo "Centro Xuvenil X.R.Patelas". A entrada e libre e ademáis o público participará como xurado, xa que poderedes votar e elexir a obra gañadora de este certamen.

miércoles, 6 de mayo de 2009

e na segunda xornada...

O gran Pedro Brandariz!!!!

Que bo rato nos fixo pasar co seu monólogo "PGU". Actuou fora de concurso que senón... xa tiñamos gañador. Visitade o seu blog para saber onde o podedes atopar.
Gracias Pedro por visitarnos e polas risas.

si amigos si. Ese é un "GinPowerEightFlyAbdominalSwinming"... ou algo así



intentouno pero adelgazar non é tan fácil


eran frescos do día eh!! ou do Gadis ou Eroski...

I xornada do certame:

Na primeira xornada do certame de teatro afeccionado visitounos a "Aula de teatro da Asociación Cotomanguelo de Orazo" (A Estrada). Representaron tres obras de pequeno formato na cal participaron alumnos de distintas idades.
Dámoslles as grazas por visitarnos e desexámoslles o millor.
E por suposto sin esquencernos do gran traballo que fan dende a asociación. En breve porán en marcha o "VI Manguelo folk". Visitade a sua web.



Haí tedes ó outro! logo de voltar da Coruña. Como está o café!!!! o que subiu...



E a esta que non había maneira de que a deixaran casar...



...pois sí amigos. A galiña estaba viva...