jueves, 28 de mayo de 2009

entrega de premios do Certame de Teatro

Este foi o final do "I Certame de teatro non profesional" que organiza a "Escola Artística de Cuntis".



e estes os protagonistas:
1º premio: 500€ para "Andaravía Teatro" con "anacos de nós"
2º premio: 300€ para "Escola de Teatro da Estrada" con "criaturas".
3º premio: 200€ para "Nós e Vós Teatro" con "un nicho amoblado".

e diploma e agasallo para "Aula de teatro" de Orazo, "Tarabelo Teatro" de Sanxenxo e para o "Obradoiro de Teatro" de Bertamiráns.

A todos:

moitísimas grazas!!!!



...un momento da entrega dos premios. Fran Rei (director teatral da escola artística e os amigosde Orazo)


e aquí está o público. O gran protagonista.

E por suposto, moitísimas gracias a Pedro Brandariz pola súa colaboración.

lunes, 25 de mayo de 2009

e chegou o amor: "romeo e xulieta"


Que bo rato nos fixeron pasar os alumnos do "Grupo xuvenil de teatro" da "Escola Artística de Cuntis" con "Romeo e Xulieta".
O amor, o drama e humor foron os ingredintes de esta obra universal de W. Shakespeare, adaptada para a ocasión e dirixida por Fran Rei.

aquí están os montescos e capuletos... e w. shakespeare







xulieta nun momento crítico




... e shakespeare xunto cos dous protagonistas...


... e o seu tráxico final... ¿?


viernes, 22 de mayo de 2009

clausura do I Certamen de Teatro Afeccionado

Pois estamos apuntiño de rematar este I certame de teatro afeccionado que organiza a Asoc. Cultural e Xuvenil Escola Artística de Cuntis.

Será o vindeiro domingo 24 de maio no Centro Xuvenil X. R. Patelas:

19hrs: estrea da obra "Rome e Xulieta" a cargo do grupo infantil de teatro da Escola Artística.

20hrs: daranse a coñecer os gañadores e farase entrega do premios do I Certame de Teatro Afeccionado.

Por suposto, queremos contar cos compoñentes dos distintos grupos que pasaron por Cuntis este mes de maio e tamén, claro está, co publico que acudeu a cada función e participou co seu voto.

Alí nos vemos.

miércoles, 20 de mayo de 2009

... e o grupo de Cuntis... menuda FARSA!!...

e o domingo 17 foi o noso turno.

Representamos "farsa plautina" de Agustín Magán e dirixida e adaptada por Fran Rei
.
"moitisísimas grazas a todos por asistir, polo aplauso e as risas, e sobre todo polo cariño"







estes somos nós...


... hai os cartos... arránxano todo!!




... pa verse matao...



...menudo brabucon...




... que chichiritada é o amor...




... que juapos ivan os "mozos"...

... e so sábado, fómonos de picnic...

Pois si amiguiños. O sábado fómonos de "Picnic" con "Tarabelo Teatro" de Sanxenxo. E que boa pinta tiña a tortilla!!


a familia enteira: o soldado, os pais, a moza, o prisionero, os da cruz vermella...



e así foi. Chegaron a trincheira para merendar co seu fillo...



... fixeron un prisionero e...





...qeu vos foron. convidarono a merendar. que boa pinta tiña a tortilla!!

o venres 15 viñeron a ocupar a praza a xente de Bertamiráns.

Concretamente a visita foi da "Aula de teatro de Bertamiráns" coa obra "Praza ocupada". Esta foi a sexta xornada do certamen.





Estes foron os protagonistas esa noite, a quen lles agradecemos moito a visita.


e como estaba a praza...



ata veu a tele... ou a radio...


eu non estaba. que lle pasaría a ese mozo?

jueves, 14 de mayo de 2009

esta fin de semana... MAIS TEATRO!!!!

Mañá venres comeza a terceira fin de semana do I certame de teatro afeccionado da Asoc. Cultural e Xuvenil Escola Artística de Cuntis.
Serán dous grupos máis os que actuen no noso certame obtando a premio ademáis do grupo de teatro da Asoc. que actuamos o domingo fora de concurso. Estes son os nomes e horarios.

Venres 15 maio ás 21:30: "Obradoiro de Teatro de Bertamiráns" con "Praza ocupada" de Nazareth López.

Sábado 16 maio ás 21:30: "Tarabelo Teatro" de Sanxenxo con "Picnic" de Fernando Arrabal.

Domingo 17 maio ás 20hrs e fora de concurso: "Chumpá Teatro" de Cuntis con "Farsa Plautina" de Agustín Magán e dirixida por Fran Rei.

Esperamosvos no Centro Xuvenil X.R.Patelas... e recordade que o público conta... e vota!!!!